Coa nosa labor educativa pretendemos conseguir unha escola:
- PLURALISTA. Respectuosa cos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.
- Onde o TRABALLO CREATIVO ocupa un lugar primordial no currículo. Así, o campo artístico é un recurso importante no desenvolvemento do noso proxecto.
- ABERTA, VIVA e DINÁMICA, que participa da vida do seu entorno.
- Que desenvolva actitudes CURIOSAS, CRÍTICAS e RESPONSABLES. Que propicie o esforzo individual e colectivo.
- SEGURA, cun trato cercano, familiar, comprensivo e cariñoso.
- INCLUSIVA, na que o respecto ás diferencias persoais e culturais, á solidariedade e á empatía sexan valores fundamentais.
- RESPECTUOSA co medio natural e patrimonio cultural.
- Onde a COEDUCACIÓN sexa a base fundamental da relación de convivencia e crecemento persoal.
- Na que confíen e participen as familias.
- Onde teñen importancia os contidos pero tamén as capacidades, actitudes e competencias.
- Onde pretendemos fomentar o saber razoar, buscar, pensar, dialogar, debatir.
En definitiva, unha escola que forme persoas sociais, que comuniquen, dialogantes e críticas. Que sexan cada vez máis coñecedoras das súas emocións, libres e responsables. Comprometidas socialmente e coñecedoras dos seus límites. Capaces de afrontar a frustración. Creativas. Abertas á realidade plural, onde primen a cooperación e a tolerancia.