Quen somos

O obxectivo fundamental do noso Centro é a formación integral das persoas no aspecto cognitivo e afectivo. Pretendemos fomentar o saber razoar, investigar, pensar, dialogar, expresar emocións e opinións, escoitar e ser tolerante en todos os aspectos que esta palabra encerra. Queremos aprender dentro e fóra da escola utilizando o entorno, de por si motivador, como un recurso máis. Buscamos acadar unha Cultura de Paz onde os valores, o respecto e a colaboración cos demais sexan as bases onde se asente o noso traballo. 

O coñecemento e cumprimento das normas e o esforzo que a aprendizaxe esixe deberán estar sempre presentes en cada proceso educativo nun marco afectivo, cercano, comprensivo e cariñoso. 

Buscamos o desenvolvemento da sensibilidade diante das diversas manifestacións artísticas facendo da creatividade un instrumento fundamental. 

Desexamos que o camiño, tempo e experiencias que compartamos no Centro queden máis tarde, no recordo, como unha etapa felizmente vivida.  

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies