Ule a entroido!

Xa arrecende a entroido!!!!E no cole hoxe máis!!!En 3 anos, no obradoiro de cociña que teñen cada mércores, fixeron unhas deliciosas filloas, que fixo parar a cada un que pasaba por alí. Noraboa cociñeir@s!

Read more →

Buscando a saída

Na clase de educación física, os alumn@s de terceiro foron ata os laberintos do Parque de Belvís para traballar a orientación.

Read more →

zaPATEANDO a cidade

Os maiores elaboraron estos zapatos en Ed. Plástica con papeis de periódico, cola branca, pintura e complementos variados. Menuda zapatería montaron en dúas sesións!

Read more →

Prazo de matrícula

Recordade que comeza o prazo de matrícula para o noso centro a partires do día 1 e ata o 20 de Marzo. Contactade con nós e visitádenos! 981585791 cpr.vilas.alborada@edu.xunta.es

Read more →

En Infantil…mesturámonos!

As tres clases de Ed. Infantil organizaron diferentes recunchos interciclos, no que os cativ@s das 3 idades conviviron durante toda a semana realizando actividades matemáticas, de lóxica, de psicomotricidade, xogo simbólico…Repetiremos!

Read more →

Coñecendo as árbores

Os alumnos@s de primeiro e segundo participaron nunha actividade promovida polo CIAC, onde aprenderon moitas cousas sobre as árbores do parque de Belvís.

Read more →

Numax

Saída de 3º, 4º, 5º e 6º a Numax para asistir a proxección en inglés e subtitulada das películas O principio e Rebelión dos contos.

Read more →