Conciliación de Nadal

O Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Educación, ten previsto realizar unha nova edición do programa de conciliación laboral e familiar nas vacacións de  Nadal. Trátase dunha alternativa de ocio e de tempo libre, nun tempo no que cada vez máis as familias compostelás demandan novas propostas de conciliación en períodos non escolares.