Esta semana contamos con diferentes talleres de familiares do alumnado de 6º. Antón, xornalista do diario NÓS, falounos da “información que non se ve”, da manipulación da información e das fake news no obradoiro de prensa.
Por outra parte, Mar dounos unha interesante charla sobre igualdade.
Foi un pracer telos connosco. Grazas.