Semana do libro

Comezamos a semana do libro coa visita da escritora María Solar, que nos entusiasmou coa lectura e firmas do seu libro “O meu pesadelo favorito”. Un pracer!Ademais, inauguramos as sesións de contacontos noutras linguas en colaboración coas familias. Desta vez Fernando narrounos “Pinocchio” en italiano. Grazas!