Semana cultural: saídas

Aquí podedes ver algunhas das saídas do noso alumnado durante os tres días da Semana Cultural. Así, visitaron:

A casa do mel en Arzúa (vestíronse de apicultores, fixeron velas,viron como se comunicaban as abellas cando atopan comida…)

A Cidade da Cultura onde disfrutaron da exposición Auga doce, e aprenderon os sons que pode ter a auga.

A imprenta Tórculo. Alí amosáronlles as diferentes máquinas e aparellos dos que dispoñen para a imprensión.

Meteogalicia. Aprenderon un pouco máis da meteoroloxía e dos símbolos que se empregan nesta.

casco histórico de Santiago: Participaron nunha gymcana na que tiñan que atopar pedras que “falaban”, fontes, nomes de escritores literaios, gárgolas…

O camiño de volta serviulle a algún para descansar! Pasárono xenial.

IMG-20140626-WA0001IMG-20140626-WA0000IMG-20140625-WA0031CAM00285CAM00277CAM0027320140618_13090214030888374431403646974957