Semana Cultural: Actividades na escola

Dispuxemos no centro de diferentes visitas e charlas que nos amosaron un pouco máis do mundo da comunicación.

– Os cans tamén falan: estiveron de visita no centro Venus e Lala , dous preciosos cans que nos entretiveron coas súas habilidades.

– Os dedos len: Charla impartida por dous membros da ONCE que trataron de ensinarnos como é o día a día dun invidente.

– Sinais de alarma: Recibimos a visita de dous membros do corpo de bombeiros.

– Comunicación musical: o tío de Daniela de 4 anos, Tomás, achegounos a un novo instrumento do que pouco coñecíamos, o didgeridoo.

– Falamos coas mans: Charla sobre a linguaxe de signos impartida por Ana, mamá de dúas alumnas do centro.

IMG-20140625-WA003020140616_10514120140616_1046591402909785258[1]20140616_1034001403269712271CAM00234[1]