Ao longo das últimas semanas estivemos traballando en tódalas aulas e en tódalas materias o tema dos medios de comunicación. Así, elaboraronse programas de radio con seccións variadas (entrevistas, cuñas publicitarias, contos…), tivemos visitas de xente que traballa tanto na prensa escrita coma na televisión, preparamos cartas para enviar por correo ordinario… E algunhas pequenas mostras están na seguinte galería.