Poesía gañadora

Como xa vos informábamos nunha entrada anterior, con motivo do certame de poesía no que participaron varias clases do centro, resultou gañadora Sara Porto, de 6º, cunha poesía que non ten nada que envexar á de calquera literato. PARABÉNS SARA!

O GALEGO

Unha noite unha vella palabra,

por Galicia voaba sen fin;

arroupada por voces extrañas

que só o corazón podía ouvir.

Un doce nome recheo

de dez mil palabras e máis,

que voaba sen rumbo no ceo

con medo a non volver xamáis.

Máis nas bocas de todos estaban,

as palabras do fermoso galego,

o idioma que en Galicia cantaban

persoas, mares e penedos.