MACARRÓMETRO

As nenas e nenos de Primeiro estiveron facendo mini-enquisas sobre os gustos das súas familias e amizades. Unha vez recollidos os datos, analizáronos e representáronos mediante un DIAGRAMA DE BARRAS feito por eles con macarróns pintados de diferentes cores. Descubriron que a cor de MODA na clase foi o azul xa que foi o dato que tivo maior frecuencia.

Unha vez rematado o diagrama de barras fixeron un concurso de letras no que tiñan que poñer a proba a súa memoria visual, demostraron ser uns linces!!!IMG-20150623-WA0011 IMG-20150623-WA0009 IMG-20150623-WA0006