Vendima en 1º

Na aula de Primeiro quixeron comezar o outono con bo pé realizando unha divertida vendima. Pasárono pipa esmagando as uvas coas súas propias mans, xogando a facer orixinais concursos con diferentes tipos de uvas e investigando o proceso de elaboración do viño e do mosto.

Aquí vos deixamos as probas fotográficas da súa iniciación nesta aventura viticultora!