Maratón artístico

Transmitímosvos a seguinte información que nos parece de interese de cara as familias, por todos os beneficios que o arte ten nos cativ@s.

O vindeiro 7 de novembro de 16:00 a 18:00 h terá lugar a Maratón do

debuxante na Avenida de Xoán XXIII.

 

A idea é conectar a persoas de todas as idades a través do debuxo baixo o lema ‘drawing

changes lives’.  Neste caso, a xornada está dirixida ás familias que poderán

participar nunha ducia de actividades: marañas de cores, arrolar pelotas,

feira de debuxos, pescadores de liñas, pilla pilla do debuxante, entre

outras. Son actividades lúdicas que conteñen movemento, trazo, liñas,

cores…, entendendo o debuxo dun xeito amplo e como vehículo para a

transmisión de emocións.

Todas as actividades son de balde. As persoas interesadas, saiban debuxar ou

non, están invitadas a participar.

 

Máis información en  http://uniondecanlessociais.blogspot.com.es