Información de interese

Dende o 1 de Abril e ata o 23 de Abril, estase a celebrar o XVII Salón do libro en Pontevedra.  De luns a venres de 17:00 a 20:00 h e os sábados e domingos de 11 a 14 e de 17 a 20h, a entrada é gratis.

Os animais, e a súa presenza na literaruta infantil e xuvenil, serán os protagonistas deste 17º Salón do libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans, e paxaros… De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer, reais ou fantásticos…