Información de interese: Actividade de xadrez en Belvís

A actividade intenta promover valores de convivencia e educativos en torno ao xadrez, buscando que os rapaces disfruten dunha xornada lúdica máis que competitiva.

Neste caso trátase de facer unha actividade dinámica e divertida na que os rapaces poidan participar cunha maior liberdade de horario que noutras ocasións, sendo posible participar ben en horario só de mañá, só de tarde ou en ambos horarios.

A actividade está destinada a rapaces de ata 14 anos de idade (nados no ano 2002 ou posteriores) e ten un límite aproximado de 35-40  rapaces  en cada horario da xornada.

Máis info