Circular Entroido

A todas as familias do noso alumnado comunícalles que o vindeiro día 24 de febreiro, venres, celebramos a festa do Antroido, sobre a que queremos facer algunhas consideracións:

Pola mañá as clases desenvolveranse con normalidade. Funcionará o servizo de comedor. Os alumnos/as que o utilizan, deberán ser recollidos no Centro antes das 15:30. Non haberá nese día ningún tipo de actividades.

Ás 17:30 celebrarase o desfile de disfraces nas tres modalidades: individual, parellas e grupos podendo participar no mesmo as familias que o desexen acompañando ao alumnado.. Estos participantes e tamén os espectadores, deberán estar ás 17:15 no Colexio. PRÉGASE PUNTUALIDADE dada a dificultade que conleva a organización da actividade. Os participantes ocuparán os individuais a aula de 3 ANOS, as parellas a de 4 ANOS e os grupos as aulas da 1º PLANTA.

O prazo de inscrición para participar neste concurdo abarcará dende o 10 ata o 20 de febreiro. Esta levarase a cabo nas respectivas aulas. O día 22 elaboraranse as listas definitivas.

A continuación do desfiles, comezará a festa-baile, na que os asistentes poderán degustar os manxares típicos destas datas proporcionados polas familias do alumnado de 6º e participar dos sorteos que se levarán a cabo. Asímesmo darase conta dos gañadores do concurso. A festa rematará ás 21:30. Invitamos ás familias a participar nela tamén disfrazadas.

As clases reanudaranse o xoves, día 2 de Marzo.