Novas de interese

Fannos chegar ao colexio a seguinte información:

O vindeiro luns día 8 de maio  empezan o período de matrícula para as probas de acceso ao 1º curso do grao elemental  no CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O prazo de matrícula remata o día 12 de maio.

No caso en que teña interese en que a súa filla ou fillo queira cursar os estudos de música no noso Centro pode ver as datas de interese así como a información accedendo ao noso enderezo web

www.conservatoriosantiago.gal

E ademais:
Auladeideas en colaboración con Museo Fundación Eugenio Granell lanzamos a terceira edición de TALLERES DE Verán 2017.

Outro ano deseñando actividades exclusivas e moi pensadas para ofrecer experiencias novas e educativas. E é un pracer facelo, porque gozamos co noso traballo sabendo que o facemos coa materia máis sensible: os nenos e nenas. E facémolo intentando compensar o oco que deixa en coñecementos e expresión a educación formal, tan carente de todo o que teña que ver con xerar creatividade respectando as diferenzas.

Lanzamos un novo programa que combina diversas manifestacións da arte. Actividades lúdicas, educativas, que ofrezan aos nenos e nenas unha experiencia novedosa, e ás familias as facilidades da conciliación laboral.
Serán 5 semanas de actividades vanguardistas que incorporan o teatro, a danza, a expresión corporal en interacción coa arte contemporánea, a música, a expresión plástica, as novas tecnoloxías e a creatividade.

NENOS e NENAS DE PRIMEIRO DE INFANTIL A 12 ANOS (Grupos formados por idades) 

Comezamos o 26/6 e rematamos o 28/7.

DE LUNS A VENRES

HORARIOS: dende as 8:30 ás 14:00h
Máis de tres actividades na mañá co seu espazo para o recreo, a merenda e os xogos ao aire libre.

Achegámosvos información neste correo sobre o PROGRAMA, CRONOGRAMA DIARIO e MODALIDADES DE MATRÍCULA.

É posible optar a talleres durante unha semana, dous, tres, mes completo,o días alternativos.

(Redución de matrícula do 10% a partir do segundo irmán.)

As actividades desenvolveranse nas aulas de didáctica e espazos do Museo Fundación Eugenio Granell.

AS PRAZAS SON LIMITADAS.

Para INFORMACIÓN, PRE-INSCRICIÓNS ou se necesitas consultar algunha dúbida podes facelo en:
contacto@auladeideas.com
606971859

CARTA DE PRE-INSCRICIÓN

Para realizar a pre-inscrición é necesario mandar un correo electrónico cos seguintes datos:

  • Idade do neno ou nena.
  • É necesario que nos facilites o teu número de teléfono de contacto e datos completos de nai, pai ou titor.
  • Tempo que estarán nos talleres connosco, cantas semanas.
  • Se teñen algún tipo de alerxias.
  • Algún comentario en especial que consideres importante. Intentamos manter un contacto directo cos pais e unha atención personalizada dos niñ@s, polo que é importante que nos indiques os puntos antes mencionados.

Respondendo a estes datos queda confirmada a reserva de praza para os Talleres de Auladeideas: VERÁN EXPERIMENTAL: LABORATORIO DE ARTE E MOVEMENTO en Museo-Fundación Eugenio Granell, enviarémosche un correo coa confirmación e o número de conta.

A praza farase efectiva no momento da transferencia bancaria.

Estamos á vosa disposición!!!

QUERES COÑECERNOS MÁIS?

Actividades “VERÁN EXPERIMENTAL”  realizadas no Museo Fundación Eugenio Granell.

 

Deixamos os enlaces da MEMORIA DE IMÁXENES de fin de curso con Auladeideas: Educación y Creatividad.