Saída ao Conservatorio

As nenas e nenos de segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria estiveron no Conservatorio Histórico de Santiago participando na cuarta edición da actividade musical “Unha viaxe a tempo”. Alí divertíronse moito xogando e aprendendo curiosidades, cancións e bailes novos de países coma Eslovenia, Austria, Nova Zelanda…