Search Results for:

Instrumentos inventados

Que os nen@s son unha fonte de imaxinación sen límite non é segredo para ninguén, e para mostra estos traballos da área de Música, onde inventaron varios instrumentos musicais, puxéronlle nome e incluso crearon anuncios publicitarios para vendelos. Impresionante traballo rapaces e rapazas!!

collage cole (1) collage cole (7) collage cole (8) page11

Xornada chocolateira

O xoves disfrutamos dunha rica chocolatada acompañada de 6 ducias de churros que papamos enteiriñas tódolos compañeiros de infantil. E todo isto despois de desfrutar dun conto de Carapuchiña Vermella, cunha versión que remataba igual que nós fixemos: papando o chocolate con churros. Grazas á Olga, mamá de 5 anos que colaborou connosco. Un éxito de xornada.

20150319_16335620150319_163346  20150319_16083920150319_16340720150319_16333420150319_160751

Salpicando

Os nenos e nenas de 3 anos están a preparar un detalliño para o Día do Pai, pero como non queremos estropear a sorpresa, deixámosvos ver os preparativos do papel de regalo que eles mesmos están a fabricar, simplemente salpicando cunhas botelliñas dispensadoras. O resultado foi precioso.

20150317_105853[1]20150317_105501[1]

Traballando en equipo

Os cativos/as de 2º produciron o seu propio contiño de convivencia, onde cada un colaborou dalgunha maneira. Ademais, divertíronse facendo rimas nas que os seus nomes eran os protagonistas.

20150317_164057[1] 20150317_163945[1]

Pequenos meteorólogos

Na clase de 3º, na área de Ciencias Sociais, construiron aparatos de expertos en meteoroloxía. Así, pluviómetros e anemómetros apareceron polas esquinas do patio do noso colexio durante esta semana.

 

CITUS 2ª PARTE

Nesta ocasión foi o turno para o alumnado de 5º e 6º de visitar CITUS, como anteriormente fixeran 3º e 4º.

IMG-20150317-WA0031[1] IMG-20150317-WA0032[1] IMG-20150317-WA0034[1] IMG-20150317-WA0037[1]

Esculturas

Na aula de 3 anos estamos aprendendo sobre esculturas (materiais, arquitectos coñecidos, esculturas máis famosas…) e ademais, exercemos a profesión fabricando a nosa propia escultura con palliñas e nubes de golosina. Aquí tendes a proba!

20150312_110714

Seguimos experimentando

No obradoiro de experimentos de 1º seguimos mans á obra e estamos feitos uns verdadeiros científicos. Imáns, madeira, flores, fabas e lentellas…Non se nos resiste nada.

DSC_2514 DSC_2677 DSC_2688 DSC_2324 DSC_2358 a roda dos dias 1º plantamos lentejas y habas 1º

Día Internacional da Muller 2015

Deixámosvos unha pequena mostra do traballado este ano para conmemorar o día Internacional da Muller. Murales de infantil (Mamá superheroina, mulleres nos contos, e quen fai qué na túa casa?) Ademáis, un mural conxunto de toda a escola, onde cada nen@ aportou unha fotografía dunha muller coñecida, facendo unha actividade de desfrute para ela. E se todo isto non fora suficiente, decoramos a fachada do colexio con globos con mensaxes, en colaboración cunha iniciativa do Barrio de San Pedro.

20150307_183229[1] 20150306_190553[1] 20150306_190523[1]20150306_190446[1]20150306_124234 (1)