Salto á fama!

Para os que non víchedes o noso debut na TVG, aquí vos deixamos os dous enlaces. Telexornal (min 3 aprox) A Revista (min 50 aprox)

Read more →

Saímos na tele!

Esta tarde poñede as vosas televisións na TVG pois no telexornal local falarán do noso videoclip. Ademais, mañán, a partires das 11:50 botarán unha reportaxe co mesmo tema na Revista.

Read more →

O making of

Tal coma vos prometéramos aquí tendes as imaxes inéditas do videoclip de Nadal. Como podedes ver foron unhas longas xornadas de traballo pero moi divertidas! Disfrutádeo!  

Read more →

Alborada productions presenta….

E por fin aquí tendes o tan esperado videoclip no que estivemos traballando estas últimas semanas. É a nosa maneira especial de desexarvos unhas felices festas de Nadal. Esperamos que vos guste posto que está feito con moita ilusión. Pero […]

Read more →

Recomendacións de libros para o Nadal

Chega o Nadal , as vacacións, tempo de estar na casa que fóra chove e vai frío, tempo de celebracións, maxia e agasallos. E como non , tempo de xoguetes… Un LIBRO  é un bo XOGUETE! Todos teñen historias estupendas para vivir, pensar, […]

Read more →

E este xoves…FESTA!!!

Recordade que este vindeiro xoves 19 celebraremos coma cada Nadal un festival onde os/as nenos/as mostrarán os seus dotes coma actores, bailaríns, cantantes…Se non volo queredes perder achegádevos á escola uns minutiños antes das 16:00 horas, e que comece o […]

Read more →

De magosto todo o cole!

Este ano tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto na Granxa do Xesto posto que o tempo axudou. Así, investigamos polo contorno, buscamos ras, xogamos coas follas, cos ourizos, comemos castañas, aprendemos novos xogos populares… Queres velo? Pois preme […]

Read more →

Maquetas de células.

Que as ciencias poden ser moi divertidas e creativas é algo que vemos reflexado nestas maquetas. Así de orgullosos e sorrintes posaron os/as nenos/as coas suas creacións.

Read more →