Un trimestre na granxa e na horta

Algunhas actividades dos pequen@s de 3 anos no seu proxecto A GRANXA e A HORTA: medidores dos animais da granxa, lectoescritura, mural con diferentes técnicas plásticas, plantación dun pequeno horto, creación de animais en cartón, travases de centeo e trigo, […]

Read more →

En Infantil…mesturámonos!

As tres clases de Ed. Infantil organizaron diferentes recunchos interciclos, no que os cativ@s das 3 idades conviviron durante toda a semana realizando actividades matemáticas, de lóxica, de psicomotricidade, xogo simbólico…Repetiremos!

Read more →

Correo de Nadal

Os nenos e nenas de infantil teñen preparada unha felicitación de Nadal para as familias, e nesta ocasión optaron polo correo ordinario para facerllas chegar. Estade atentos aos vosos buzóns!    

Read more →

Mazapáns de nadal

Mazapáns no obradoiro de cociña dos pequen@s de Infantil. En esta ocasión, os tres grupos de 3, 4 e 5 anos, mesturáronse e elaboraron esta deliciosa receita e o seu posterior etiquetado. Deliciosos!

Read more →

Calendario personalizado

Na clase de 3 anos xa se están preparando para a chegada do novo ano. E por iso, elaboraron un calendario personalizado, onde eles mesmos escribiron os números, meses, pintaron, pegaron, posaron..

Read more →

Especialistas en…

Os nenos e nenas de tres anos están a traballar nun proxecto sobre monstros, e esta semana adicárona ao libro Monstruo Rosa, un conto sobre o valor da diferenza. Unha historia para entender a diversidade como elemento enriquecedor da nosa […]

Read more →

Saídas musicais

As nenas e nenos de E. infantil e 1° de E. Primaria participamos na actividade “Máis que notiñas” organizada polo Conservatorio Histórico.

Read more →

Clases de iudo

O clube de iudo do colexio ensinounos as vantaxes da súa práctica nas clases de Educación Física. Pasámolo xenial. Gracias, Muiños, por axudarnos!

Read more →

Curtametraxe

Os máis pequenos da escola (3 anos) e os maiores de 6º prepararon un curta para fomentar o uso do galego e que ademais será presentado a un concurso de curtametraxes escolares. Moita sorte!

Read more →