Popurrí musical en Infantil

En Infantil gústanos moito DAR A NOTA. Estivemos aprendendo moitas cancións e novas versiións dalgunhas delas. Xogamos a descubrir o son agochado, bailamos e comezamos a coñecer as notas musicais. Temos uns músicos con moito ritmo.

Read more →

Cociñamos música

Temos uns nenos e nenas que ben amosaron o que lles encanta a música e a cociña, e se poden xuntar ambas mellor. Deixaron voar a súa imaxinación e facendo gala das mellores dotes culinarias crearon uns exquisitos menús musicais.MMMMM!!

Read more →

Pentagrama portátil

Nas clases de 3º, 4º, 5º e 6º estiveron construíndo orixinais pentagramas portátiles para dar renda solta á creatividade dos nosos rapaces.

Read more →

Unha viaxe a tempo

As nenas e nenos de 4º,5º e 6º de Primaria estiveron no Conservatorio Histórico de Santiago participando na III Edición da actividade musical “UNHA VIAXE A TEMPO”, onde xogaron e se divertiron aprendendo curiosidades, cancións, e bailes novos de diferentes […]

Read more →

O son das emocións

As rapazas e rapaces de quinto e sexto elaboraron un mural de emotiflores onde representaron en cada un dos seus pétalos os diferentes sons que lles provocan esas emocións. Esperamos que vos guste!

Read more →

Bandanza

As nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto estiveron hoxe no Auditorio de Galicia para ver o espectáculo “Bandanza”. Ao ritmo da música da Banda Municipal de Santiago, unha parella de baile profesional interpretou distintos bailes de salón facendo […]

Read more →

Concerto privado

Os rapaces e rapazas de 4º de Primaria deleitaron aos cativos de 3 anos cun mini concerto de frauta na aula que fixo as delicias dos cativ@s.

Read more →

“Unha viaxe a tempo” 2° parte

Esta vez foron as nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto ao Conservatorio HIstórico para participar na segunda edición da actividade “Unha viaxe a tempo”. Divertíronse moito cantando e aprendendo bailes e curiosidades doutros países.

Read more →