Experimentamos!!!!!

As nenas e nenos de 1º fixeron varios experimentos con materiais moi económicos e doados de atopar: auga, ovos, sal, azucre, vinagre, aceite, la… Preparádevos porque van a repetilos na casa!

Read more →

Somos axentes correntes

Estiveron de visita no noso centro uns “axentes correntes” que nos ensinaron moitas cousas sobre educación vial. Mediante  o conto do Galo Mirindolo e de animadas cancións aprendemos todo o necesario para comprender mellor os sinais que nos rodean.

Read more →

Maxia!!!!

Esta semana na aula de 1º, na sesión de experimentos, os cativ@s traballaron o equilibrio. Ta-ta-ta-chán. MAXIA!

Read more →

As fases da lúa con…

…galletas Oreo!Si, si. Que mellor maneira para aprender que manipulando, experimentando, divertíndose, e tamén comendo, por suposto. Pois iso todo fixeron na clase de 1º para aprender as diferentes fases da lúa. Aquí tendes as fotos que volo demostran.

Read more →

Seguimos experimentando

No obradoiro de experimentos de 1º seguimos mans á obra e estamos feitos uns verdadeiros científicos. Imáns, madeira, flores, fabas e lentellas…Non se nos resiste nada.

Read more →

Experimentos en Primeiro

Durante varias sesións do Obradoiro de Experimentos elaboramos varios deles que deixaron coa boca aberta a máis dun. Non perdades ollo.   As constelacións   Descomposición de cores Ilusión óptica do paxaro na xaula     Xogamos coas sombras

Read more →

Reno de Nadal

Nestas datas de Nadal o alumnado de primeiro realizou con entusiasmo ao seu particular “Rudolf”. Aquí vos queda unha mostra do seu traballiño. Aproveitar para desexarvos a todos/as unhas felices festas de parte do profesorado dos vosos nenos e nenas.

Read more →

Dereitos dos nen@s en Primeiro

Ao longo da semana traballouse o tema dos Dereitos do neno cuia celebraciòn é o 20 de novembro. Entre outras actividades o alumado de primeiro preparou un mural mediante picado, pegado e escritura co lema: ESCOITADE. NÒS TAMÉN CONTAMOS

Read more →

Castañas

Gracias a unha chea de castañas que trouxeron a clase os cativ@s de Primeiro curso, poideron experimentar coa báscula de precisión e coa balanza e coñecer así a castañas máis lixeir (2 gramos) a e a máis pesada (23 gramos). […]

Read more →

É tempo de millo

En Primeiro, aproveitando as datas nas que nas atopamos, estiveron traballando co millo: esfollaron, debullaron, investigaron, e cataron diferentes productos feitos con esta materia prima.  Ademais, tamen houbo tempo para crear uns collages cos grans e para facer prácticas matemáticas […]

Read more →