Posts Tagged ‘Verbenas’
Verbena 2014-15
Antes de desfrutar da festa-verbena que celebramos cada ano na escola, estivemos atentísimos ás actuacións dos artistas de Baile Galego (extraescolar do centro) e das chaves e técnicas dos iudokas (tamén extraescolar). Ademais, os membros da ANPA fixeron entrega dos premios ós mellores “modelos” que posaron nas sesións fotográficas que cada 2 anos se realizan con todo o alumnado do centro.
E este xoves…FESTA!!!
Recordade que este vindeiro xoves 19 celebraremos coma cada Nadal un festival onde os/as nenos/as mostrarán os seus dotes coma actores, bailaríns, cantantes…Se non volo queredes perder achegádevos á escola uns minutiños antes das 16:00 horas, e que comece o espectáculo!
Verbena 2013
O venres 14 os/as nenos/as de baile galego amosáronnos todo o que aprenderon este ano na actividade extraescolar.
Ó finalizar, celebrouse a verbena anual coma colofón a este curso. O alumnado de 6º de Primaria traballou moito para organizar esta festaza. Non perdas ollo!