Archive for Novembro, 2014
Magosto 2014
Despois dunha xornada estupenda que se nos fixo curta, e unha vez repousados, aquí vos deixamos as fotos do día. Desfrutamos de moitas actividades, xogos populares, merendas campestres, repartimos os premios ao gañador (Diego de 5º) e accesits das mellores receitas feitas con castañas…
Blog dos nen@s de 2º
Os rapaces e rapazas de 2º de Primaria embarcáronse nun novo proxecto. Este trata dun blog de aula no que todos eles colaboran aportando anécdotas, redaccións, fotografías, poemas… Se queredes ser testigos do talento destes cativos premede no seguinte enlace.
Os nosos dereitos
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS
(Texto elaborado polos propios alumn@s)
“UNHA PEZA VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS”
Para conmemorar esta data tan importante o alumnado de 5º realizou un proxecto que consistiu nun quebracabezas xigante formado por 10 pezas , cada unha delas mostra con debuxos, imaxes e palabras os 10 dereitos da infancia.
O grupo de 6º traballou facendo un mural que representa estos dereitos coa mensaxe: “TI TAMËN MERECES DISFRUTALOS”
Estes traballos foron feitos en equipo como unha actividade para concienciarnos do importane que é respectar a tod@s, sen importar o xénero, raza, relixión e nacionalidade. TODOS OS NENOS E NENAS TEMOS OS MESMOS DEREITOS E DEBEMOS CUMPLILOS.
Foi unha experiencia moi positiva porque ademais de aprender cousas novas fixo que moitos dos nosos compañeiros e compañeiras que non tiñan moi boa realción entre eles, durante a realización dos proxectos esquecesen as súas diferencias.
Castañas
Gracias a unha chea de castañas que trouxeron a clase os cativ@s de Primeiro curso, poideron experimentar coa báscula de precisión e coa balanza e coñecer así a castañas máis lixeir (2 gramos) a e a máis pesada (23 gramos). Ademais, fixeron unha serie de xogos matemáticos coma estimar as castañas necesarias para acadar 1kg, construir figuras, ordenalas por orde de peso…
É tempo de millo
En Primeiro, aproveitando as datas nas que nas atopamos, estiveron traballando co millo: esfollaron, debullaron, investigaron, e cataron diferentes productos feitos con esta materia prima. Ademais, tamen houbo tempo para crear uns collages cos grans e para facer prácticas matemáticas repasando cantidades, sumas, restas…Quen dixo que as matemáticas eran aburridas?
Concurso receitas de Magosto
Dende o Departamento de Biblioteca recibimos unha proposta dun concurso de receitas para o Magosto. As bases e a plantilla para as mesmas atoparédelas premendo nos enlaces seguintes.