Archive for Abril, 2016

postheadericon Precisamos da vosa colaboración!!!!!!

O noso colexio participa nun concurso enmarcado dentro da iniciativa “Tropa Verde” e que leva por título “Reciclar na escola ten premio”. A campaña consiste na recollida de aceite de cociña. Os rapaces e rapazas de ben recoller aceite de cociña dos seus fogares e levalo a escola, nunha botella de plástico de 1´5 L ben pechada, impedindo con iso a súa vertudura nos sumidoiros.

Esperamos as vosas botellas para axudarnos tanto a colaborar coa iniciativa como para acadar algún dos premios.

O prazo remata o 18 de Maio!!! GRAZAS!20160429_103946[1]

postheadericon Carreira camiño das letras

Carreira camiño das letras: INFORMACIÓN

postheadericon Rebumbio matemático

Tres alumnas de 6º de Primaria (Uxía Rivas,Mara e Candela) participaron na fase de zona do XVI Rebumbio matemático galego convocado por AGAPEMA. Esta proba consiste na resolución de 56 problemas en 2 horas. Naresposta non so conta o resultado, se non que primará a orixinalidadecoa que a presenten.
Se logran superar esta fase, os 15 mellores equipos pasarán á final , que se celebrará o 20 de Maio en Coruña. Pronto teremos novas! Sorte!!!!!!
IMG-20160422-WA0017

IMG-20160422-WA0021

IMG-20160422-WA0022

postheadericon Día do libro 2016

Para conmemorar esta importante data, na escola realizamos varias actividades. Unha delas titulábase “A volta ao mundo en 9 libros” onde cada aula escolleu un libro, relato… de diferentes partes do mundo, e despois decorou unha caixa con motivos que recordaban ao mesmo.

Ademais, contamos coa colaboración das familias, que exerceron de contacontos e foron premiados con miles de aplausos!

E ademais, en 6º escribiron unhas redaccións onde explicaban de que maneira a lectura influira nas súas maneiras de ser. Non vos perdades o relato de Adán que tedes a continuación.

Cativa Rios de Slidely by Slidely Slideshow

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO A LECTURA,
TODO UN DESCUBRIMENTO!!
A miña historia, como comezar… pois polo momento máis importante: cando pasei de ver un fermoso cisne no libro de estudo do meu irmán a ver un dous. Foi precioso! Foi cando descubrín que xa era unha personiña mais que comprendía as cusas perfectamente.Pero isto non foi o mellor, o mellor foi cando fun á Lúa, si, non dixen mal, cando abrín un libro e este teletransportoume á Lúa, alí tamén 1xen o meu primeiro amigo, un pequeño selenita de oito anos. O caso é que a lectura 1xo en min o imposible e, esas “ondiñas” que non tiñan lóxica foron o meu terceiro pai. Mais non me pillou de sorpresa que esas “ondiñas”foran máxicas, xa que , de moi pequeño xa estaban na miña vidapero doutra maneira: xogando, cantando as palmas…Falando de maneiras, agora hai moitas. Agora algunhas familias xa non len contos, collen a tableta e póñenlle un vídeo de debuxos. Faranno, penso eu, porque non saben que non é o mesmo. O libro, fabrica o momento máxico de crear en ti unha voz que che conta a historia e así, non les, nin cho len, o libro lese so.Pero ainda así os libros non están extintos. Vivimos nunha época na que hai máis libros que graíños de area no mundoe, en todo este océano de escritos hai obras boísimas e malísimas, esa é a decisión do lector/a e se pescas o libro correcto non te separarás da lectura nunca máis.
Adán Martiño 6º

postheadericon Biblioteca Ánxel Casal

Os nenos e nenas de Infantil e de 1º visitaron as dependenzas da Biblioteca Pública Ánxel Casal. Amosáronlles un video tutorial para explicar o funcionamento da mesma, e despois amosáronnos como estaba dividida. Ademais, algúns de nós xa fixerono seu propio carnet co formulario que alí nos entregaron.

IMG-20160421-WA0003 IMG-20160421-WA0004 IMG-20160421-WA0005 IMG-20160421-WA0006 20160413_103335 20160413_111035 20160413_113231

postheadericon Abracadabra!!!!!

O mércores tivemos a visita dun mago que nos amosou algúns trucos que nos deixaron coa boca aberta a pequenos e a maiores. Pelotas que se multiplicaban, pombas que saían de lugares imposibles, varitas xigantes, caixas máxicas… IMPRESIONANTE ESPECTÁCULO!

20160420_102709 20160420_103625 20160420_110005 20160420_110407 20160420_110509 20160420_110559

postheadericon Bandanza

As nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto estiveron hoxe no Auditorio de Galicia para ver o espectáculo “Bandanza”. Ao ritmo da música da Banda Municipal de Santiago, unha parella de baile profesional interpretou distintos bailes de salón facendo a delicia de tod@s os especectad@s.

 

image image image image

postheadericon Finalistas

Unha alumna da aula de 3 anos e outra de 6° de Primaria,resultaron finalistas do concurso Deseña unha xoia para a tua nai, de entre case 8.600 debuxos, e con 80 finalistas. O 29 de Abril porase nome aos 12 gañadores do certame, do que xa resultou gañadora outra das nosas alumnas o ano pasado na súa categoría. Sorte Antía e Adriana!

FB_IMG_1460735394007

broche

postheadericon Animación á lectura

Os máis pequenos do colexio foron de saída a deleitarse cos contos que cada ano nos preparan dende o concello na súa campaña de animación á lectura en colaboración coa Editorial Kalandraka.

20160414_110413 20160414_110630 20160414_110826 20160414_110829 20160414_110935-1 20160414_111941

postheadericon Magdalenas de primavera

No obradoiro de cociña dos xoves, os pequen@s de 3 anos elaboraron unas deliciosas magdalenas a modo de flor de primavera. Houbo máis de un que se achegou ata a súa clase seguindo o rico arrecendo!

PhotoGrid_1460129792322 PhotoGrid_1460130114463

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies