Violencia de xénero

O alumnado de 6º, co gaio do día contra a Violencia de xénero, elaboraron unhas redaccións que queren compartir con todos para aportar o seu gran de area nesta loita.

 

Usan máscara pensando

que se tapan os ollos

non os van ver.

Usan máscara pensando

que non poderei desatar

as cordas que me teñen presa.

Como usan máscara,

cren que non hai tesoiras

que as ataduras corten.

Como non  uso máscara

sei o que vexo,

 vexo o que corto, as ataduras.

                                            Mara Costa (6º)

Muller maltratada,

o debes pensar.

Liberdade arrebatada.

non debería pasar.

O teu pensamento

debe respectar.

Non deixes nin un momento

que che poida afectar.

Maltratando estás.

En quen estás a pensar?

Ela esperando estará

a que por fin a deixes en paz.

Hai saída.

Déixaa marchar!!!!

                                      Uxía Rivas (6º)

 

RECEITA DO BO TRATO

INGREDIENTES:

. Bos recordos.

. Respecto na opinión e nas decisións dos demáis.

. Sorrisos.

. Agarimos e bicos sen medida.

. Escoitar á persoa cada día durante toda a vida.

. Disculpar e perdoar, ós demáis e a ti mesmo.

. Unha man chea de amor e paciencia.

PREPARACIÓN:

  1. Limpar os recordos, quitándolle as partes que non serven e engadirlle asorrisos, agarimos, e bicos sen medida, ata chegar a crear unha boa mestura de autoestima e amor.

  2. Xuntar a paciencia, e o respecto de opinión e decisión dos demais e engadirllos á mestura anterior ata formar unha masa sólida e difícil de destruir.

  3. Baleirar todos aqueles ingredientes que podan estropear a coiraza que protexe a unha familia.

  4.  Buscar un momentiño ó día para escoitar, disculpar e perdoar. Tanto a ti coma ós demais membros da familia.

  5. Darlle calor e tenrura durante toda a vida, e non deixar que perda forza.

  6. O éxito desta receita é ter sempre unha man chea de amor para compartir cos teus, e paciencia para entender e perdoar os seus defectos.