Posts Tagged ‘Día contra violencia xénero’
Nos tamén dicimos BASTA!
Hoxe fomos convidados por o Concello para participar nun acto no Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller. Alí lemos poesías, cantamos unha canción composta entre toda a escola e déixamos ben claro que a base contra todo tipo de violencia é a EDUCACIÓN!
Violencia de xénero
Co gallo do “Día Contra a Violencia de Xénero” as nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto de ed. Primaria aproveitaron as clases de música para ensaiar a canción «Mi cuerpo no se vende» de Idily & Sacate Jag. Tamén traballaron o significado da letra e investigaron información sobre a cantante e compositora.
Por grupos elaboraron unha entrevista que lle fixeron esta tarde por medio dunha videoconferencia.
Moitas grazas Idily!! Un pracer coñecerte
Violencia de xénero
O alumnado de 6º, co gaio do día contra a Violencia de xénero, elaboraron unhas redaccións que queren compartir con todos para aportar o seu gran de area nesta loita.
Usan máscara pensando
que se tapan os ollos
non os van ver.
Usan máscara pensando
que non poderei desatar
as cordas que me teñen presa.
Como usan máscara,
cren que non hai tesoiras
que as ataduras corten.
Como non uso máscara
sei o que vexo,
vexo o que corto, as ataduras.
Mara Costa (6º)
Muller maltratada,
o debes pensar.
Liberdade arrebatada.
non debería pasar.
O teu pensamento
debe respectar.
Non deixes nin un momento
que che poida afectar.
Maltratando estás.
En quen estás a pensar?
Ela esperando estará
a que por fin a deixes en paz.
Hai saída.
Déixaa marchar!!!!
Uxía Rivas (6º)
RECEITA DO BO TRATO
INGREDIENTES:
. Bos recordos.
. Respecto na opinión e nas decisións dos demáis.
. Sorrisos.
. Agarimos e bicos sen medida.
. Escoitar á persoa cada día durante toda a vida.
. Disculpar e perdoar, ós demáis e a ti mesmo.
. Unha man chea de amor e paciencia.
PREPARACIÓN:
-
Limpar os recordos, quitándolle as partes que non serven e engadirlle asorrisos, agarimos, e bicos sen medida, ata chegar a crear unha boa mestura de autoestima e amor.
-
Xuntar a paciencia, e o respecto de opinión e decisión dos demais e engadirllos á mestura anterior ata formar unha masa sólida e difícil de destruir.
-
Baleirar todos aqueles ingredientes que podan estropear a coiraza que protexe a unha familia.
-
Buscar un momentiño ó día para escoitar, disculpar e perdoar. Tanto a ti coma ós demais membros da familia.
-
Darlle calor e tenrura durante toda a vida, e non deixar que perda forza.
-
O éxito desta receita é ter sempre unha man chea de amor para compartir cos teus, e paciencia para entender e perdoar os seus defectos.
Día Mundial Violencia de Xenero
Este ano, en colaboración co Concello, os/as alumnos/as do centro participaron nun acto en repulsa contra a violencia de xénero. Previamente, no colexio elaboráronse unhas siluetas con dobre cara, onde por un lado se plasmaron mensaxes en positivo, e pola outra en negativo. O resultado foi este.