Search Results for:

Actividades de aula e visitas na Semana Cultural 2015

Ao longo das últimas semanas estivemos traballando en tódalas aulas e en tódalas materias o tema dos medios de comunicación. Así, elaboraronse programas de radio con seccións variadas (entrevistas, cuñas publicitarias, contos…), tivemos visitas de xente que traballa tanto na prensa escrita coma na televisión, preparamos cartas para enviar por correo ordinario… E algunhas pequenas mostras están na seguinte galería.

Semana Cultural 2015: Comunica2. Saídas

E aquí tedes as saídas dos diferentes cursos ao longo da Semana Cultural, todas elas relacionadas con temática dos medios de comunicación.

De buzón en buzón: Infantil visita Correos

Un espazo de Comunicación: 1° e 2° visita a Biblioteca Ánxel Casal

Que me contas Compostela? 3° e 4° fan un percorrido pola cidade

As novas: le e escoita: 5° e 6° visitan a rotativa do Correo Gallego e Radio Obradoiro

Comunicándonos coa natureza: Infantil pasea polos parques da zona

San Pedro informa: 1° e 2° buscan e analizan a publicidade polo barrio de San Pedro

Choverá? A rede informa: 3° e 4° visitan Meteogalicia

O que se agocha trala pantalla: 5° e 6° visitan Correo Tv

Para ver a galería premede no enlace.

 

 

 

 

Semana Cultural: Comunica2. Obradoiros

As tardes da Semana Cultural estiveron ocupadas cos distintos obradoiros relacionados coa temática dos medios de comunicación.

Cartas no ceo: un voo informativo

Flipbook: facendo animacións

Outra mirada: a publicidade

Transformámonos?. Maquillaxe de caracerización.

Comunícate comigo. Xogamos xuntos?

Dramatización: maquillaxe e teatro

GALERÍA

Semana Cultural 2015: Comunica2. Os medios de comunicación

Xa podedes ver algunhas das fotos da Semana Cultural, á cal acabamos de dar o peche e que como cada ano nos deixou moitos aprendizaxes, satisfacións, momentos divertidos…

Comezamos pola decoración e proxectos do colexio. Galería

Becas de comedor

Como anunciábamos na circular que acompañaba ao programa da Semana Cultural, está aberto o prazo para a presentación da documentación necesaria para optar as bolsas de comedor que promove o concello de Santiago para o próximo curso 2015/16. Remata o día 23 de Maio. As solicitudes poden pedilas na oficina do colexio ou descargalas no seguinte enlace.

Información Becas e solicitude

Editores

Ante a proximidade da XXX Semana Cultural co tema “Os medios de comunicación” estamos aprendendo moito sobre estos. Así, para abrir boca deixámosvos unha actividade que veu impartir o papá dun dos nosos alumnos na que nos amosou a ser editores de xornais e que nos valeu de gran axuda para entender máis o mundo da prensa. Grazas Moncho!

IMG-20150427-WA0013[1] IMG-20150427-WA0016[1]

Somos axentes correntes

Estiveron de visita no noso centro uns “axentes correntes” que nos ensinaron moitas cousas sobre educación vial. Mediante  o conto do Galo Mirindolo e de animadas cancións aprendemos todo o necesario para comprender mellor os sinais que nos rodean.

20150429_101246
20150429_10142820150429_102450

Fabricando automóviles

Na aula de 2º estiveron exercendo de Inxeneiros de automóviles. Por grupos fabricaron os seus propios coches e tiñan que conseguir que, ao tiralo por unha rampa, chegase o máis lonxe posible. E todo isto usando materiais de refugallo…e un pouco de imaxinación!

2015-04-22 16.45.12  2015-04-22 17.00.42 2015-04-22 17.01.032015-04-22 16.45.53