Search Results for:

Fabricando automóviles

Na aula de 2º estiveron exercendo de Inxeneiros de automóviles. Por grupos fabricaron os seus propios coches e tiñan que conseguir que, ao tiralo por unha rampa, chegase o máis lonxe posible. E todo isto usando materiais de refugallo…e un pouco de imaxinación!

2015-04-22 16.45.12  2015-04-22 17.00.42 2015-04-22 17.01.032015-04-22 16.45.53

A nosa gañadora!!!!

Temos o orgullo de contarvos que unha das nosas alumnas, Andrea Furelos da aula de 3 anos, resultou gañadora na súa categoría do concurso “Deseña unha xoia para a tua nai”, ao que se presentaron máis de 8.000 debuxos de toda Galicia. Ademais, entre os 80 finalistas,  atopábase Daniela Castro, tamén alumna de 3 anos. Aquí podedes ver os deseños finalistas, e a xoia final da nosa artista!

IMG-20150424-WA0006-1[1] FB_IMG_1429189603548[1] FB_IMG_1429189611795[1] FB_IMG_1429912116860[1] 20150424_180902[1]

Real Filarmonía de Galicia

Este xoves as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria foron ao Auditorio de Galicia para escoitar á Real Filarmonica de Galicia e a compañía de títeres Per Poc interpretar “Romeo e Xulieta”. As semanas previas á saída prepararon no cole guións por equipos coas súas particulares versións.

IMG-20150427-WA0010[1] IMG-20150427-WA0008[1] IMG-20150427-WA0007[1] IMG-20150427-WA0006[1] IMG-20150427-WA0004[1] IMG-20150427-WA0003[1]

Sementar, sementarei…

Estamos en primavera e como nos gusta tanto a natureza non dubidamos en sementar diferentes hortalizas e flores. Estamos ansiosos por velas medrar.

IMG-20150424-WA0004[1] IMG-20150424-WA0003[1] IMG-20150424-WA0002[1] 20150415_171219 20150415_170903

Kalandraka 2015

Esperábamos ansiosos en Infantil a chegada da XV Campaña de Animación á Lectura e visitar as instalacións de Sargadelos, para escoitar os contos que nos tiñan preparados.”Quen é ese becho?”, “Orellas de bolboreta” e “Ícaro” foron os contos cos que nos sorprenderon. Imposible sacar as cancións da cabeza en toda a semana!!!!

20150409_111458[1] 20150409_112649[1] 20150409_114740[1] 20150409_114554[1]

Facemos a compra?

Os máis pequen@s da escola non deixan de sorprendernos con todas as cousiñas que conseguen xa facer por eles memsos. E nesta ocasión demostráronolo indo ao supermercado a facer a compra. Para iso, primeiro fixeron cadansúa lista da compra, buscaron e recortaron os productos de catálogos, xogamos a ver quen era o que atopaga o logotipo de DIA na pizarra e, por último, buscaron polo super ata atopar todo. Xa na aula, coma recompensa paparon o seu leite con galletas e Colacao.

Colores lácteos

Iso é o que conseguiron  no Obradoiro de experimentación de 3º de Primaria ao mesturar leite con colorantes. Impresionantes cores e mesturas.

IMG-20150324-WA0003[1]

Viaqua na escola

Grazas a Viaqua, e ao seu programa educativo chamado Aqualoxía dirixido a alumnado de Primaria, os rapaces de 3º aprenderon moitísimo sobre a auga e a importancia da mesma, tanto para a súa cidade como no mundo… E todo dunha maneira interactiva e divertida.

IMG-20150324-WA0007[1] IMG-20150324-WA0006[1] IMG-20150324-WA0005[1]

Maxia!!!!

Esta semana na aula de 1º, na sesión de experimentos, os cativ@s traballaron o equilibrio. Ta-ta-ta-chán. MAXIA!

IMG-20150326-WA0008[1] IMG-20150326-WA0007[1]

Un morcego na escola

Non, non é o título de ningún novo libro da nosa biblioteca, nin de ningún traballo atrasado de samaín. É o que pasou o xoves na escola, cando un compañeiro de 4º nos trouxo un morcego para que o víramos ben de preto.

IMG_2644 IMG_2646