Search Results for:

Recomendacións de libros para o Nadal

Chega o Nadal , as vacacións, tempo de estar na casa que fóra chove e vai frío, tempo de celebracións, maxia e agasallos. E como non , tempo de xoguetes… Un LIBRO  é un bo XOGUETE! Todos teñen historias estupendas para vivir, pensar, soñar, inventar, rir, imaxinar…

A continuación recomendámosvos unha serie de libros para que llos poidades pedir aos Reis e disfrutar coas súas aventuras:

EDUCACIÓN INFANTIL

– As cinco amigas. Maruxa Olavide. Ed. Everest.

– Rosalía pequeniña. Uxía Senlle. Ed. Kalandraka.

– Te quiero un montón. Juan Carlos chandro. Ed. Bruño.

– Mezclanimales. Guido van Genechten. Ed. Edelvives.

– El 2 azul. David Carter. Ed.combel.

– Luna parc en pijarama. Michael Leblond. Ed. Kalandraka

1º E.P

– A aspironeta. Marta Álvarez. Ed. Xerais de Galicia.

– Las canciones mágicas. Juan Carlos Chandro. Ed. Alfaguara Infantil.

– Pino se viste solo. Gabriela Keselman/ Teresa Novoa. Ed. Edelvives.

– Number magic. Rebecca Brooke. Ed. Oxford University Press. Colección Dolphin Readers, Level 1.

– Monkeying Around. Craig Wright. Ed. Oxfors University Press. Colección Dolphin Readers, Starter Level.

2º E.P

– ¿Quien ayuda en casa? Ed. Edelvives.

– ¿Quien recoge las cacas del perro? Ed. Edelvives.

– Soños de Andel. Ed. Tambre.

– Sophie´s dream. Dominique Guillemant. Ed. Yound Eli Readers, Stage 1.

– Can I play? Rick Sampedro. Ed. Hebling Young Readers, Level a.

3º E.P

– La pandilla de Tristán. Marie-Aude Murail. Ed. SM.

– El misterio de los huevos de oro. Luisa Villar Liébana. Ed. Macmillan.

– Fantasmas no corredor. Agustín Fernández Paz. Colección Merlín. Ed Xerais.

– Frangulla. Gloria Sánchez. Colección Ala Delta. Ed. Tambre.

– The thirsty tree. Adrián N. Bravi. Ed. hebling Young Readers, Level c.

– Henry Harris Hates Haitches. Maria Cleary. Ed. Hebling Young Readers, Level d.

4º E.P

– Doctor Rus. Gloria Sánchez. Ed. Edebé.

– Mi hermana es un poco bruja. Carlos Puerto. Colección Ala Delta. Ed. Edelvives.

– Ti non xogas. Silvestre Gómez Xurxo. Colección Merlín. Ed. Xerais.

– Unha vida de ra. Rafael Laso Lorenzo. Colección Ala Delta. Ed. Tambre.

– Bugaboo, The Wicked witch. Cristina Ivaldi. Ed. Vicens Vives. Colección Black cat, Level 3.

– Christmas Fun. Ruth Hobart. Ed. Vicens Vives. Colección Black cat, Level 4.

5º E.P

– El planeta de los árboles de Navidad. Gianni Rodari. Ed. SM.

– Los calcetines del hombre invisible. Alex Shearer Ed. Macmillan.

– Maíto Panduro. Gonzalo Moure. Colección Ala Delta. Ed. Tambre.

–  A idade de cristal. Lita Rivas. Ed. Everest.

– Frankenstein at school. Gaia Lerace. Ed. Vicens Vives. Colección Black cat, Level 4.

– The Magic Computer. Liz Taylor/ Nella Burnett-Stuart. Ed. Vicens Vives. Colección Black cat, Level 4.

 

6º E.P

– ¿Quieres ser el novio de mi hermana? Maite Carranza. Ed. Edebé.

– Barro de Medellín. Alfredo Gómez Cerdá. Colección Ala Delta. Ed. Edelvives.

– Palabras de auga. Marcos Calveiro. Colección Merlín. Ed. Xerais.

– A nena pálida. Xosé Miranda. Colección Ala Delta. Ed. Tambre.

– The Canterville Ghost. Oscar Wilde.Ed. Vicens Vives. Colección Black cat, Level 5.

– Nasreddin, ten stories. Catherine E. White.Ed. Vicens Vives. Colección Black cat, Level 5.

 

E este xoves…FESTA!!!

Recordade que este vindeiro xoves 19 celebraremos coma cada Nadal un festival onde os/as nenos/as mostrarán os seus dotes coma actores, bailaríns, cantantes…Se non volo queredes perder achegádevos á escola uns minutiños antes das 16:00 horas, e que comece o espectáculo!

De magosto todo o cole!

Este ano tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto na Granxa do Xesto posto que o tempo axudou. Así, investigamos polo contorno, buscamos ras, xogamos coas follas, cos ourizos, comemos castañas, aprendemos novos xogos populares… Queres velo? Pois preme na galería.

A la rica palomita de maiz!!!!!

No taller de cociña de 4 anos esta vez fixeron uns flocos de millo cun aparello de cociña do máis práctico. Xa temos para ver unha pelicula! SSSHHHHHH!!!!!!

Maquetas de células.

Que as ciencias poden ser moi divertidas e creativas é algo que vemos reflexado nestas maquetas. Así de orgullosos e sorrintes posaron os/as nenos/as coas suas creacións.

Uns collages preciosos de outono

Na aula de 4º idearon estos marabillosos collage feitos a partires de elementos do outono. Así desbordaron imaxinación para facer pavos reais, peixes, persoaxes variopintos… con follas de diferentes tamaños

Samaín 2013-14

Como cada ano, a festa do Samaín foi celebrada no centro con varias actividades. A biblioteca do centro foi decorada tenebrosamente, para, por grupos, ir escoitar uns contos de medo que nos encantaron. Ademais, nas aulas fixemos uns obradoiros de cociña e de decoración. Aquí tes a galería, se te atreves a vela!!!!!!!!

Un brindis!

E para comezar o outono con bo pé non podía faltar a vendima. Nas aulas de infantil brindaron polo bo resultado da sua colleita. Aínda que non foi do agrado de todo o mundo…Mirade que caras á hora de brindar. Saúde!!!!!!!!!!!!!!

Na vendima2 Na vendima3 Non podía faltar a vendima para comezar o outon con bo pé Pero non podía sair todo ben jaja Saúdeeee

Novas caras na escola

341 5 2

Os/as cativos/as de 3 anos xa estrearon a sua aula e para iso están a realizar diferentes actividades que están a disfrutar día a día! Pintar, disfrazarse, aprender a vendimar… son algúns exemplos.

Todo sobre a semana cultural

Non te perdas esta entrada onde poderás ver as saídas, decoración, obradoiros, proxectos…

desta semana cultural “Un roupeiro cargado de historia”.