Search Results for:

Libro LIM dos nenos e nenas de 3 anos

Na clase de 3 anos seguimos botando man das novas tecnoloxías e esta vez, para axudarnos a coñecer mellor os nosos nomes e os dos nosos compañeir@s. As nosas fotografías, as nosas voces… e a diversión está asegurada.

Un paseo polas nubes en 3 anos

Antes da chegada do Nadal, os máis cativ@s da escola estiveron embarcados nun proxecto sobre as nubes, que lles fixo aprender e desfrutar aprendendo unha morea de cousas.

ComicStoryShare (1) ComicStoryShare (2) ComicStoryShare (3) ComicStoryShare (4) ComicStoryShare (5) ComicStoryShare PhotoGrid_1452166384653

Novo videoclip de Nadal

Como cada ano destos últimos, chega o tempo de Nadal e temos para compartir convosco o novo videoclip de Nadal. Neste ano ademais, cunha pequena homenaxe aos fundadores do colexio. E coma sempre, co traballo de Pablo, e coa colaboraciòn de Fran!!!GRAZAS!!!!Desfrutàdeo!

Festival de nadal 2015

Aquí tendes 3 actuacións do pasado festival de nadal, e que esperamos disfrutárades tanto coma nós. Seguide atentos porque seguiremos colgando máis conforme nos vaian enviando. Grazas a todos os que colaborades aportando vídeos!

NADAL 5º (preme aquí)

NADAL 1º

 

 

NADAL 3 ANOS (preme aquí)

Fomos a enviar postais!

Hai costumes que non se deberían perder, e mandar postais en Nadal é unha delas! Algúns cativos non recoñecen o que é unha carta, e moito menos saben cal é o proceso para envialas. Por iso, en infantil puxémonos mans á obra e elaboramos as nosas propias postais. Os cativos de 3 anos enviáronllas a un compañeir@ da clase por medio dun sorteo, e os de 4 e 5 anos ás súas familias. Aquí podedes ver todo o que traballaron e as caras de alegría ao ir a metelas ao buzón.

PhotoGrid_1450554105775

PhotoGrid_1450553959089

Facendo as postais
Facendo as postais, meténdoas nos sobres e poñendo os selos

“Conto de Nadal”

As nenas e nenos de 1° e 2° foron ao Auditorio de Galicia para escoitar “Conto de Nadal” de Charles Dickens.

Paula Carballeira foi a narradora acompañada pola banda municipal de Santiago.

Tanto os nen@s coma os profes pasámolo xenial!

 

image image image

Miau,Miau!

Que sí, que sí,

que miau, miau, miau,

son un gato moi especial.

Que miau, miau, miau,

que sí, que sí,

cantar contigo

gústame a min.

image image image