Search Results for:

Maratón artístico

Transmitímosvos a seguinte información que nos parece de interese de cara as familias, por todos os beneficios que o arte ten nos cativ@s.

O vindeiro 7 de novembro de 16:00 a 18:00 h terá lugar a Maratón do

debuxante na Avenida de Xoán XXIII.

 

A idea é conectar a persoas de todas as idades a través do debuxo baixo o lema ‘drawing

changes lives’.  Neste caso, a xornada está dirixida ás familias que poderán

participar nunha ducia de actividades: marañas de cores, arrolar pelotas,

feira de debuxos, pescadores de liñas, pilla pilla do debuxante, entre

outras. Son actividades lúdicas que conteñen movemento, trazo, liñas,

cores…, entendendo o debuxo dun xeito amplo e como vehículo para a

transmisión de emocións.

Todas as actividades son de balde. As persoas interesadas, saiban debuxar ou

non, están invitadas a participar.

 

Máis información en  http://uniondecanlessociais.blogspot.com.es

Samaín 2015-16

Este xoves celebramos, como cada ano, o Samaín na escola. Ademais de traballar a emoción do medo en cada clase, ler contos terroríficos na Biblioteca do centro (decorada polos maiores de 6º), disfrazarnos e maquillarnos para a ocasión… tamén elaboramos unhas manualidades e expusemos as cabazas que as familias foron traendo. Grazas a todos pola vosa colaboración.

Galería

Conto de bruxas

Os nenos e nenas de 5 anos tiveron unha sesión de contacontos moi especial, a mamá de Alba inventou un conto precioso sobre “La bruja Grisuja” e o martes veu a contárllelo. Para que fose máis bonito fixo unhas fadas de goma-eva e unhas bruxas de papel maché, ao rematar tod@s fixeron unha variña máxica.

image image image image

Pan de millo

Na aula de 3 anos estamos metidos de cheo no outono, e un dos temas que máis nos gustou foi o do millo. Fixemos todo o proceso ( explorar, esfollar, debullar, moer, amasar, pintar con espigas…) e cada un levou o seu boliño para casa. Segundo chegou aos nosos ídos estaba delicioso. Noraboa cociñeiros.

20151008_163608 20151008_163822 20151008_164249 20151008_171325 20151015_154233 20151015_154517 20151015_161025 20151015_16123420151022_130825[1]

“Érase una vez … Un cuento”

Os alumn@s de infantil xunto cos de 1° e 2° de primaria fomos de saída ao Auditorio de Galicia.

A banda municipal de Santiago coa colaboración de Paula Carballeira, acompañou un conto mudo con diferente música, para aflorar nos nen@s distintas emocións. Quedaron encantados!

image image image image image image

 

Reunións de familias

Ao longo da semana que ven celebraranse as reunións para as familias. As datas para cada curso son as seguintes:

5º e 6º de Ed. Infantil: Martes 13 ás 17:45

1º Ed. Primaria: Martes 13 ás 18:45

2º Ed. Primaria: Mércores 14 ás 17:45

3º Ed. Primaria: Mércores 14 ás 18:45

4º Ed. Primaria: Xoves 15 ás 17:45

5º Ed. Primaria: Xoves 15 ás 18:45

6º Ed. Primaria: Venres 16 ás 17:45

Galicreques 2015

Como cada ano, non podemos faltar á nosa cita cos monicreques e acudimos a ver un espectáculo de luz negra combinado con títeres, con título Güela güela, da compañía Galitoon, que fixo as delicias dos máis cativ@s do centro.

20151001_112821[1] 20151001_112832[1] 20151001_112939[1] 20151001_113207[1]

Vendima en 1º

Na aula de Primeiro quixeron comezar o outono con bo pé realizando unha divertida vendima. Pasárono pipa esmagando as uvas coas súas propias mans, xogando a facer orixinais concursos con diferentes tipos de uvas e investigando o proceso de elaboración do viño e do mosto.

Aquí vos deixamos as probas fotográficas da súa iniciación nesta aventura viticultora!

 

Recordatorios

Estamos a punto de arrancar e queremos recordarvos que o xoves, primeiro día de curso, entramos ás 10. E xa os días posteriores, en horario normal de xornada continua: de 9 a 14.

Esto non inclúe ao alumnado de 3 anos, que na xornada do xoves irán en horario de adaptación. Este será indicado a cada familia mañán martes día 8, ás 16:00 na reunión coa titora, entre outros asuntos.

Axudas material escolar

Mañá comeza o plazo para presentar a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria. Podedes ver toda a información no seguinte enlace.